Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estrea dos peliqueiros no domingo grande do Entroido de Laza

Estrea dos peliqueiros no domingo grande do Entroido de Laza

O luns terá lugar a farrapada, a morena e o maragato

Centos de visitantes na localidade ourensá

G24.gal 27/02/2022 14:34

A festa continúa en Laza. Os peliqueiros saíron por vez primeira no Entroido ás rúas da vila e estiveron acompañados de música e troula pero sen restarlles protagonismo. Centos de veciños e visitantes déronse cita na zona da igrexa para contemplar o desfile de látegos, chocas e caretas. Algo que non se vivía dende febreiro de 2020.

A de hoxe é unha xornada grande de Entroido en Laza pero aínda quedan días de moita xolda nesta vila do chamado triángulo máxico ourensán. Pola tarde haberá desfile de carrozas e mañá terá lugar a farrapada e a saída da morena e do maragato. O mellor deste Entroido é que os máis novos son tamén os que máis o viven.

Aínda que non se puido repartir polas rúas, nas casas non faltou a tradicional bica de Entroido de Laza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade