Estudan subir o prezo do paquete de tabaco para reducir a adicción
Estudan subir o prezo do paquete de tabaco para reducir a adicción
Actualmente España ten un dos prezos máis baratos da Unión Europea
No 2022 vendéronse en España máis de dous millóns de paquetes de tabaco. A OMS quere reducir o consumo o vindeiro ano nun 30 % respecto ao 2010 e, entre outras medidas, o Ministerio de Sanidade baralla encarecer o seu prezo. Será suficiente para que os que teñen o hábito de fumar o deixen?
"Seguiría fumando, pero miraría tamén un pouco, porque se non gañas para tabaco...".
"Non deixo de fumar, quen é fumador... Ao mellor fumas un pouco menos".
España é un dos países europeos co tabaco máis barato. Un paquete vén custando catro euros e medio. No outro extremo están Irlanda ou Francia, onde costa 12 euros.
"Non creo que subir o prezo dos paquetes agora mesmo vaia ter un efecto que vaia cambiar a vida".
"Un aliciente máis para sacar o vicio".
"Unha medida bastante acertada, porque se o prezo sobe, a xente diminúe o consumo".
Esa é precisamente a intención do Ministerio de Sanidade: reducir a adicción ao tabaco entre un 10 e un 15 %.
"Se queres fumar, tes que pagalo, se non pois non fumes, a quitarse do vicio".
Fumar dous paquetes ao día supón hoxe gastar nove euros. Se soben o prezo como prevén, serán 720 euros ao mes.