Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estudantes de cociña de Lugo aprenden novas receitas con porco celta

Estudantes de cociña de Lugo aprenden novas receitas con porco celta

Queren elevar esa carne 100 % galega ata a alta cociña

Mazá, coello, queixo ou troita son algunhas das combinacións escollidas

G24.gal 05/03/2024 18:33 Última actualización 05/03/2024 19:28

Elaborar a carne de porco celta de xeito moi diferente ao habitual. É o que aprenden os alumnos do IES Sanxillao para tirar o máximo proveito das propiedades desta raza autóctona galega.

Os profesores achegan a idea do menú, pero os futuros cociñeiros xogan cos sabores, texturas e combinacións.

Con coello, con troita, con mazá ou con queixo. As posibilidades que ofrece a carne de porco celta son enormes e permiten achegalo á alta cociña e ás receitas máis elaboradas. Os futuros Estrela Michelin aprenden como preparalo de xeito que este produto de quilómetro cero se converta nun manxar.

A formación xurdiu dun acordo entre o instituto e a asociación de criadores ASOPORCEL.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade