Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estudantes de primaria rastrexan aves no campus de Ourense

Estudantes de primaria rastrexan aves no campus de Ourense

É unha actividade orientada a que saiban identificar as especies da súa contorna

G24.gal 11/10/2023 20:10 Última actualización 11/10/2023 20:50

Equipados cun bo surtido de prismáticos, os alumnos das franciscanas de Ourense recibiron no Campus universitario unha lección práctica de ornitoloxía. "Que os nenos veñan aos parques e saiban identificar unha pega, un paporrubio e cousas así", explica Nancy Blanco, fundadora de Amigas das Cegoñas e guía da actividade.

Para avistar aves, cómpre ter moita calma... É, sen dúbida, o que máis lles custou a estes estudantes de cuarto de primaria. "Escoitan moito e, se fas ruído, asústanse a marchan. É un pouco complicado. E como somos moitos...", xustifícase unha cativa.

A actividade desenvolveuse no campus universitario porque, nun espazo próximo e reducido, puideron contemplar distintos hábitats para as aves, desde o propiamente urbano, ao boscoso, nas árbores, e mesmo acuático, nun pequeno estanque.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade