Publicador de contidos
Publicador de contidos

Universitarios de Ourense compiten en Europa cun dron para transportar sangue

Universitarios de Ourense compiten en Europa cun dron para transportar sangue

Vanse medir con proxectos doutras 30 universidades europeas

Non desbotan comercializar a aeronave logo do campionato europeo universitario 

G24.gal 09/12/2021 19:36

Transportar sangue para doazón no menor tempo posible é a idea coa que nace este modelo de dron que vai competir o vindeiro ano en Alemaña, no campionato europeo universitario da modalidade.

O avión pesa menos de catro quilos e pode transportar ata litro e medio de sangue a unha velocidade máxima de 90 quilómetros por hora.

Os seus deseñadores pensan darlle un uso comercial ao rematar o campionato e por eso tamén participan no equipo estudantes de dereito e de administración de empresas. Eles mesmos recadaron os máis de 15.000 euros que custan só os materiais de construción da aeronave.

Estes mozos emprendedores xa teñen en mente outra iniciativa: construir un avión non tripulado que funcione con placas de enerxía solar. Teñen moi claras as claves do éxito: ambición e competitividade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade