Cargando resultados...
Euloxio Ruibal recibe a "Letra E" pola súa contribución á dramaturxia galega
Euloxio Ruibal recibe a "Letra E" pola súa contribución á dramaturxia galega
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega homenaxeou o autor
Recoñeceuno como escritor, académico e renovador da dramaturxia galega
G24.gal
15/06/2024 21:20
Última actualización 15/06/2024 21:55
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega homenaxeou este sábado o escritor Euloxio Ruibal na súa terra, en Compostela, pola súa contribución á dramaturxia galega.
O acto comezou coa descuberta dun monólito instalado no parque de Galeras e coa plantación dunha abeleira, na que participou o propio autor.
O colectivo entregoulle a "Letra E" de escritor, un galardón que neste caso recoñece a súa traxectoria como escritor, académico e renovador do xénero.