Publicador de contidos
Publicador de contidos

Europa quere promover o arranxo e a reutilización dos electrodomésticos

Europa quere promover o arranxo e a reutilización dos electrodomésticos

Quere obrigar os fabricantes a ofrecer reparacións a prezos accesibles

G24.gal 23/04/2024 14:41

Vivimos rodeados de electrodomésticos e a sensación é que os de agora non son coma os de antes.

"Teño cousas de hai tempo e duran moito, pero agora os novos creo que xa están programados para que duren dous anos como moito e a cambiar".

Hai quen foxe das reparacións polo seu elevado prezo.

"Cóbranche unha barbaridade".

"Ultimamente é máis complicado e máis caro reparar que cambialo por un novo e é lamentable porque estamos xerando máis lixo". 

Esta situación é a que tratan de evitar dende a Unión Europea. Queren que os fabricantes lles dean aos consumidores a opción de reparar a prezos accesibles produtos estragados ata 10 anos despois da compra.

"Eu tendo a reparar, si. Se as cousas vexo que teñen arranxo, tendo a facelo".

Queren obrigar os fabricantes a facilitar o acceso a pezas de recambio a prezos accesibles, algo que non pasa na actualidade.

"Nós necesitamos un mercado que nos facilite a reparación. Non podemos facer unha reparación barata porque non nos deixan. Hai anos viñan as pezas soltas, agora ven todo xunto", explica Clara Prado, que traballa nunha empresa de reparacións.

Os consumidores europeos perden uns 12.000 millóns de euros cada ano substituíndo produtos danados dos que se podería prolongar a súa vida útil.

"Eu reciclo cousas pequenas e logo as grandes hai que tiralas, non sei por que. Hai que aproveitar o que se poida, máis que nada por non tirar tantas cousas".

Estímase que cada ano se tiran ao lixo na Unión Europea 35 millóns de toneladas de aparellos que se poderían arranxar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade