Cargando resultados...
Os galegos apostan polas reparacións e os talleres reciben coches con ata 700.000 quilómetros
Os galegos apostan polas reparacións e os talleres reciben coches con ata 700.000 quilómetros
Os talleres botan en falta man de obra especializada para atender o aumento da carga de traballo
Os talleres notan un aumento da carga de traballo e botan en falta man de obra especializada
G24.gal
13/09/2023 14:34
Nalgúns talleres galegos reciben coches con ata 700.000 quilómetros. Semella que preferimos gastar en reparacións que cambiar de vehículo. Os condutores cren que á hora de elixir hai que pensalo ben.
O aumento das reparacións implica máis traballo nos talleres, que buscan alternativas ante a falta de man de obra. Un dato que demostra que preferimos as reparacións é que as vendas de vehículos baixaron no primeiro semestre un 27 % con respecto ás cifras prepandemia.