A profesión do desenfeluxador, esencial para a eficiencia e seguridade das chemineas
A profesión do desenfeluxador, esencial para a eficiencia e seguridade das chemineas
É un profesional moi demandado agora que chega o inverno
Antes de que chegue o inverno hai que ir poñendo a punto as chemineas para facelas máis eficientes, e sobre todo máis seguras. O desenfeluxador é o profesional especializado nesta tarefa. Non hai moitos, e a estas alturas xa teñen lista de agarda.
Aínda non chegou o frío, pero moitos xa se preparan. Só hai que ver a axenda de Manuel, de profesión desenfeluxador.
Manuel Casal, desenfeluxador de tecnochimeneas: "Aos meus clientes sempre lles digo que a limpeza ten que ser en primavera ou verán pero a xente espera a que chegue o mal tempo e agora chámanme todos xuntos"
Coa crise enerxética, as estufas de leña recuperaron protagonismo. Os profesionais insisten en que é importante usar só combustibles axeitados. "Hai moita xente que compra a leña antes da primavera e xa a está queimando no inverno. Esa leña non se pode queimar porque produce moitísimo residuo e queda dentro da cheminea. Por iso se incendia", explica Manuel.
De media, por mantela a punto como fai coa de Ricardo cada ano cobra de media entre 100 e 120 euros.
A demanda medra e faltan profesionais dispostos a manchar as mans de feluxe. Os que o son advirten do intrusismo. Pois, como di Manuel, hai xente que se fai pasar por profesional e non deixa xustificante, o cal é esencial para mostrar ao seguro ante calquera incidente.