Publicador de contidos
Publicador de contidos

Eva Longoria visita o mercado de abastos de Santiago durante a rodaxe dun documental culinario

Eva Longoria visita o mercado de abastos de Santiago durante a rodaxe dun documental culinario

Compostela é unha das cidades visitadas pola actriz para o programa 'Searching for Spain', no que realiza unha "peregrinación gastronómica" pola cociña española

Eva Longoria, no mercado de abastos de Santiago (EFE / Xoán Rey)
G24.gal 27/06/2024 16:23

O mercado de abastos de Santiago de Compostela tivo todos os ollos postos sobre el debido á visita da estadounidense Eva Longoria, unha das máis famosas actrices de orixe latina e recoñecida mundialmente polo seu papel na serie 'Mujeres desesperadas'.

A actriz texana atópase rodando un documental en Santiago de Compostela e aproveitou para visitar unha dos principais puntos turísticos da cidade, como é o mercado de abastos.

Pasadas as 11:30 da mañá e acompañada polo seu fillo, Eva Longoria achegouse ao mercado compostelán, ataviada cun vestido estival en cor nude e unhas sandalias planas de cor dourada.

A presenza da actriz na capital galega enmárcase na rodaxe do documental culinario para a canle estadounidense CNN 'Searching for Spain', co que, segundo a cadea, buscan facer "unha peregrinación gastronómica a través do rico tapiz da cociña española".

Coa súa visita a Santiago, os pratos galegos serán algúns dos manxares que a actriz mostrará neste programa co que fará un percorrido gastronómico por España, desde os pratos emblemáticos á cociña máis innovadora.

Precisamente, Eva Longoria tivo a oportunidade de probar algúns dos produtos máis desexados da despensa galega durante o seu paseo pola praza de abastos compostelá, onde algunhas persoas aproveitaron para fotografarse con ela nunhas imaxes que xa circulan polas redes sociais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar