Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evacuadas dúas persoas en Arteixo por un escape de gas nunha vivenda

Evacuadas dúas persoas en Arteixo por un escape de gas nunha vivenda

Trasladáronos ao hospital inconscientes e con dificultades respiratorias

A orixe do incidente puido estar nunha estufa de butano ou na caldeira de gas

 

G24.gal 09/01/2022 16:16 Última actualización 20:55

Os servizos sanitarios evacuaron dúas persoas en Arteixo despois de que se intoxicaran por un escape de gas na súa vivenda. Ata o lugar, a Travesía do Chamín, acudiron dúas ambulancias tras seren alertadas de que no interior había dúas persoas inconscientes e con dificultades respiratorias.

Ante a sospeita de que se podería tratar dunha inhalación nociva de gas, os efectivos sanitarios solicitaron a intervención de equipos de emerxencia para comprobar as instalacións da vivenda. Unha vez alí, confirmaron que as medicións para monóxido de carbono eran positivas.

O persoal desprazado ata o edificio cre que o problema puido estar na mala combustión dunha estufa de butano ou no mal funcionamento da caldeira, o que causou a saída do monóxido de carbono, pero aínda se descoñece a causa exacta.

Os intoxicados foron trasladados ao centro hospitalario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade