Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evacuados en helicóptero nas Illas Cíes un home de 60 anos e un neno

Evacuados en helicóptero nas Illas Cíes un home de 60 anos e un neno

Foron evacuados ao Hospital Álvaro Cunqueiro logo dunha primeira revisión sanitaria nas Cíes

Parque Nacional Illas Atlánticas Parque Nacional Illas Atlánticas
G24.gal 30/06/2024 17:22

Un home de 60 anos tivo que ser evacuado das Illas Cíes con fortes dores en zona lumbar. Logo dunha primeira revisión por parte de persoal sanitario, o 112 recomendou a evacuación urxente ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Para iso procedeuse a acordoar o peirao para facilitar a evacuación en helicóptero. Tan só uns minutos despois tamén tivo que ser evacuado un neno que sufriu convulsións. 

O dispositivo estivo coordinado polos axentes do parque nacional, vixilantes e o persoal do servizo de enfermería disposto no cámping Cíes en colaboración coa Xunta de Galicia desde o mes de xuño. Tamén participaron efectivos da policía local e do 112.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade