Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evacúan ao HULA unha familia de Abadín intoxicada con monóxido de carbono

Evacúan ao HULA unha familia de Abadín intoxicada con monóxido de carbono

Salvoulles a vida unha alarma que soou ás catro da mañá

Félix Aragunde 02/06/2022 13:57

Unha familia de Fanoi, no concello chairego de Abadín, quedou intoxicada con monóxido de carbono. Grazas a unha alarma que soou, providencialmente, ás catro e cuarto da mañá, puideron salvar a vida.

A muller, que a puxera para ir traballar, decatouse de que algo non ía ben e espertou o seu home e mais o seu fillo, que estivo inconsciente máis de dez minutos. Outros síntomas que tiveron foron mareos, dor de cabeza e vómitos.

Unha vez deron aviso aos servizos de emerxencias, os equipos médicos que os evacuaron ao HULA detectaron que o nivel de gas duplicaba o máximo admisible para unha exposición curta.

Ignacio Martínez, sarxento dos bombeiros de Vilalba: "A estancia principal e a cociña, onde estaba a maior concentración de gas, estaba ventilada, coas ventás abertas. Cando chegou o corpo de bombeiros, xa non había concentración de monóxido".

Unha mala combustión da cociña de leña puido ser a causa do acontecido.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade