Evacúan preventiva por un incendio de 40 mozos dun campamento na Pobra do Brollón
Evacúan preventiva por un incendio de 40 mozos dun campamento na Pobra do Brollón
Os mozos están totalmente fóra de perigo, segundo informou o conselleiro de Medio Rural
Xa son 500 hectáreas as calcinadas por este lume
O incendio rexistrado na Pobra do Brollón (Lugo), na parroquia de Saa, obrigou a evacuar de maneira preventiva a un grupo de 40 mozos dun campamento na aldea de Ou Busto.
Segundo informou o conselleiro de Medio Rural, José González, "non hai perigo ningún" para estes mozos e manda unha mensaxe de tranquilidade para as súas familias.
Respecto diso, o alcalde A Pobra do Brollón, José Luís Maceda, explica que se trasladou a este grupo de scouts procedente de Santiago a un pavillón no que pasarán a noite.
"É un día triste para A Pobra", afirmou o rexedor. Lamenta o impacto ambiental deste incendio, así como as perdas económicas ao queimar masas forestais. Con todo, valora que non haxa danos materiais nin que non ardese "ningún núcleo de poboación". Agradece o traballo dos equipos de extinción e espera que se poida recuperar "certa normalidade".
Segundo a última estimación provisional de Medio Rural, na Pobra do Brollón arderon 500 hectáreas.
O lume empezou ás 20:37 horas do pasado xoves.
Traballan no seu control 2 técnicos, 2 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e un helicóptero. O lume obrigou a activar a Situación 2 en Busto pola proximidade a núcleos habitados, aínda que o conselleiro explicou que non se corre perigo e hai unha melloría.