Cargando resultados...
Evenepoel gaña o man a man con Mas e deixa encamiñada a Vuelta
Evenepoel gaña o man a man con Mas e deixa encamiñada a Vuelta
O de Movistar lanzou un duro ataque na última ascensión, pero o belga respondeu en grande
G24.gal
08/09/2022 20:20
Tocaba na Vuelta xornada de montaña, unha das últimas oportunidades para poñer en problemas o líder Remco Evenepoel. O día empezou con susto, unha caída masiva en que se viron implicados Carlos Rodriguez, cuarto na xeral, e o líder da montaña Jay Vaine, que tivo que abandonar a carreira.
A última ascensión converteuse nun man a man entre os dous primeiros da clasificación. Evenepoel deu unha nova mostra de autoridade. Saltou a todos os ataques que lanzou Enric Mas e mesmo contraatacou. Evenepoel volveu demostrar ser o máis forte, gañou a etapa e mesmo lle sacou dous segundos a Mas, que agora está a 2:07.