Evolución favorable dos incendios da Arousa, A Lama, Arbo, A Mezquita e o de Verín
Evolución favorable dos incendios da Arousa, A Lama, Arbo, A Mezquita e o de Verín
Controlado o lume de Caldas que se estendeu a Vilagarcía e arrasou 450 hectáreas
Remite o risco para as vivendas en Ames por un lume próximo a Brión
Tamén controlados os incendios da Mezquita e os dous en Arbo
O lume ataca tamén a comarca da Arousa. O incendio comezou en Caldas e estendeuse a Vilagarcía e a Vilanova. A evolución é favorable, pero o temor é que o vento descontrole os pequenos rebrotes que se producen.
Na Lama, outro lume que se iniciou onte á tarde na parroquia da Xesta, dábase por extinguido, pero as lapas reaviváronse ao caer a noite.
Tamén loitan contra o lume en Ames, a carón de Santiago. O lume iniciouse na parroquia de Ortoño e puxo en alerta o núcleo de Guitiande, no concello veciño de Brión.
A boa nova é que evolucionan ben os dous lumes que se declararan no concello de Arbo, ambos controlados, segundo Medio Rural. Está xa controlado o de Mourentán, que afectou 400 hectáreas e tamén o de Arbo, que entrou desde Portugal e que calcinou algo máis de 80 hectáreas
E na provincia de Ourense, tamén quedaba controlado o incendio da Mezquita. O de Verín xa está estabilizado.