Éxito de participación e de público no Marisquiño en Vigo
Éxito de participación e de público no Marisquiño en Vigo
Hoteis ao completo e milleiros de persoas ateigan Vigo
Escenarios ateigados este sábado polo público do Marisquiño. En pista, unha competición de break dance en pleno centro da cidade. O público, entregado, é só un exemplo do que move un evento destas características.
Máis de cen medios acreditados de todo o mundo, máis de 1.400 deportistas e milleiros de persoas que estes días enchen os hoteis de Vigo e a súa contorna.
De feito, a organización apostou este ano por aproveitar novos espazos. O Skate está en Samil, o baloncesto 3x3 no centro Vialia e o espectacular descenso rematará este ano no Berbés. No evento traballan unhas 300 persoas.
Este domingo é a última xornada do Marisquiño, que é quen de mudar o perfil dunha cidade rendida a un festival deportivo e urbano que atrae unhas 160.000 persoas.