Publicador de contidos
Publicador de contidos

Éxito do filme "O home e o can", participado pola CRTVG, con seis galardóns no Festival de Cine de Madrid

Éxito do filme "O home e o can", participado pola CRTVG, con seis galardóns no Festival de Cine de Madrid

A película de Ángel de la Cruz logra o Premio da Crítica

Era a primeira vez que se proxecta fóra de Galicia, tras a estrea no OUFF en Ourense, coa versión orixinal en galego e o fíxoo por todo o alto

Manuel Manquiña e Paula Chaves na película "O home e o can"
G24.gal 23/10/2022 16:13 Última actualización 23/10/2022 16:34

A película "O home e o can'" producida por Ézaro Films e Caladiño Filmes coa participación de CRTVG e o apoio da Deputación de Ourense, fíxose este domingo con seis galardóns na 31 edición do Festival de Cinema de Madrid.

O  filme de Angel de la Cruz lograba o Premio da Crítica concedido por un xurado formado por Mariela Cubells, da SER; Moisés Rodríguez, de RTVE; e Gregorio Belinchón, do País.

Era a primeira ocasión en que a película saía de Galicia na súa versión orixinal en galego e facíao ao grande. Ademais, foron galardoados os seus protagonistas, Manuel Manquiña e Paula Chaves cos premios para Mellor Interpretación Masculina e Feminina, respectivamente.

Tamén recibía o premio para Mellor Montaxe Alejandra Sotelo e recollía o galardón para O Mellor Guión e A Mellor Dirección de Casting o propio Angel de la Cruz, que aproveitou para dedicar este último a todos os seus actores.

"O home e o can" cos exteriores gravados integramente en Ourense, conta a historia de Manuel, un home con capacidades intelectuais afectadas que non saíu nunca da súa aldea, na que vive completamente só tras a morte da última veciña, pero co seu inseparable can. Ata que un accidente do animal obrígao a ir á cidade en busca dun veterinario. No medio dese caos o protagonista atoparase con Paula, interpretada por Paula Chaves, quen foxe dun fogar desestruturado en busca da liberdade.

Dúas personaxes aparentemente antagónicas converteranse, sen agardalo, en dous amigos, unidos pola soidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade