Cargando resultados...
Un cliente salvou a vida polos pelos na explosión da lavandería do Mesoiro
Un cliente salvou a vida polos pelos na explosión da lavandería do Mesoiro
Nun vídeo, difundido a través das redes, vese como un home abandona o local segundos antes do suceso
A fachada do establecemento quedou esnaquizada pero non houbo que lamentar danos persoais
G24.gal
02/04/2023 18:07
Última actualización 02/04/2023 18:35
A explosión aconteceu o 14 de marzo na lavandería Auga e Xabón da rúa Marismas, no Mesoiro, preto do polígono de Pocomaco, no concello da Coruña.
Unha das secadoras estourou porque alguén deixara un cargador de acendedores entre a roupa no interior do aparello.
Como se pode apreciar nun vídeo, difundido este domingo a través das redes, só uns segundos antes da detonación un cliente abandonaba o establecemento.
A fachada quedou totalmente esnaquizada pero, polos pelos, non houbo que lamentar danos persoais.