Publicador de contidos
Publicador de contidos

Expourense acolle a segunda edición do Salón do Vehículo Clásico

Expourense acolle a segunda edición do Salón do Vehículo Clásico

Participan máis de cen expositores de España e do norte de Portugal

Hai actividades para todos os públicos ata este domingo ás 21:00 horas

G24.gal 06/04/2024 19:38 Última actualización 06/04/2024 20:30

Modelos fora de mercado que só se ven no cine, clásicos das estradas de hai décadas, motos con motor de dous tempos... todo o que ten que ver co tempo pasado dos coches pódese contemplar estes días en Expourense nunha nova edición do Salón do Vehículo Clásico.

Ademais dos automóbiles, tamén hai un papel protagonista para o que fai que funcionen. Recambios, pezas fóra de catálogo, manuais de reparación e mantemento, focos... quen desexe arranxar un vehículo antigo ten aquí todas as opcións.

Nesta segunda edición, a organización pretende consolidar a cita. Por iso, programaron todo tipo de actividades para que o encontro sexa o máis dinámico e ameno para o público visitante.

Os grandes coches antigos son os que máis impactan tan só superados por aquel no que ninguén querería viaxar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade