Expourense volve acoller Termatalia e Xantar
Expourense volve acoller Termatalia e Xantar
As dúas feiras presentáronse este venres en Fitur
Termatalia volverá converter Ourense na capital termal mundial no vindeiro mes de setembro. A cidade ourensá tamén acollerá unha nova edición de Xantar no mes de outubro. As dúas feiras presentáronse este venres en Fitur.
Tras a edición do ano pasado no Uruguai, Termatalia volve a Ourense. A cita será do 26 ao 28 de setembro. Profesionais de todo o mundo debaterán sobre o presente e o futuro do termalismo, un sector cada vez con máis reclamo en que Ourense é un referente.
Termatalia non será a única feira internacional que se celebre en Exporense. Un mes despois, en outubro será a quenda para Xantar. Do 24 ao 27, catro días cheos de experiencias e actividades para coñecer os destinos enogastronómicos máis interesantes de España, América e Portugal.
Fitur chega á terceira xornada. A fin de semana estará aberta para todos o público unha boa oportunidade para visitar o expositor de Galicia que acaba de ser premiado pola atención ao público, polo deseño e polo material de promoción.