Expulsan varios clientes dun bar por comentarios racistas contra un dos camareiros
Expulsan varios clientes dun bar por comentarios racistas contra un dos camareiros
O resto de clientes aplaudiron a medida
Os comentarios racistas dun cliente contra o camareiro dun bar en Castrelo de Miño levou o xerente do local a botalo. O responsable do establecemento recolleulles as bebidas que acababan de pedir para que marcharan.
Di que o fixo por dignidade. A medida provocou o aplauso dos presentes e tamén numerosas mostras de apoio nas redes.
Aconteceu o sábado pola noite. Eran festas na zona e había competición deportiva polo que un bar do club náutico de Castrelo estaba ateigado de xente. Os ataques racistas comezaron cando un camareiro de orixe marroquí foi recoller a mesa onde o cliente sentou con outros familiares.
Alertado por outra camareira máis veterana, Dositeo achegouse a falar co cliente. O cliente persistiu na súa actitude.
Unha medida que provocou o aplauso dos presentes e tamén numerosas mostras de apoio a través das redes sociais. Dignidade, di, para ser quen de durmir coa conciencia tranquila.