Publicador de contidos
Publicador de contidos

Extinguido o incendio de Palas de Rei despois de queimar 126 hectáreas

Extinguido o incendio de Palas de Rei despois de queimar 126 hectáreas

Xunto ao que queimou outras 27,5 hectáreas en Castro de Rei, foron os primeiros de relevancia do verán galego

G24.gal 21/08/2023 14:13

O incendio forestal de Palas de Rei quedou extinguido este luns tras queimar 126 hectáreas desde o seu inicio o venres, informa a Consellería do Medio Rural.

Este incendio, xunto ao que queimou outras 27,5 hectáreas esta fin de semana en Castro de Rei, foron os primeiros de relevancia do verán galego.

O incendio de Palas de Rei empezou na parroquia de Orosa ás 16:21 horas do venres, aínda que quedou controlado o sábado.

Queimou 126,09 hectáreas, das que 117,59 corresponden a monte raso e 8,5 son de monte arborizado.

A extinción confirmouse ás 12:25 horas de hoxe tras o traballo de 4 técnicos, 28 axentes, 26 brigadas, 22 motobombas, 3 pas, 4 avións e 5 helicópteros.

Entre ambos os incendios superaron as 153 hectáreas durante unha fin de semana con intensa calor que terminou con choiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade