Publicador de contidos
Publicador de contidos

Extinguido o incendio forestal de Cabanas (A Coruña), que afectou a 2,4 hectáreas

Extinguido o incendio forestal de Cabanas (A Coruña), que afectou a 2,4 hectáreas

O lume declarouse este domingo no Parque Natural Fragas do Eume

G24.gal 22/04/2024 09:18

A Consellería do Medio Rural informou de que foi extinguido o incendio forestal que permanecía activo no municipio coruñés de Cabanas e que afectou a 2,4 hectáreas de superficie dentro do Parque Natural Fragas do Eume.

O lume iniciouse pouco despois das 13:00 horas deste pasado domingo e sobre as 20.00 horas deuse por finalizado, tras afectar a preto de 2,4 hectáreas.

En total, mobilizáronse para a súa extinción un técnico, catro axentes, once brigadas, cinco motobombas, dous avións e tres helicópteros.

A Consellería lembra que está ao dispor da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade