Publicador de contidos
Publicador de contidos

Extinguido o incendio que afectou o Parque Natural do Invernadeiro

Extinguido o incendio que afectou o Parque Natural do Invernadeiro

Segundo informa a Consellería do Medio Rural, queimou 5,6 hectáreas de monte raso no espazo protexido

G24.gal 19/06/2022 09:50

O incendio forestal rexistrado na parroquia de Pradoalbar, no concello de Vilariño de Conso, que afectou o Parque Natural do Invernadeiro, quedou extinguido este domingo tras queimar 5,6 hectáreas de monte raso, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

O lume comezou a última hora da tarde do venres e na súa extinción traballaron seis axentes, oito brigadas, unha motobomba, tres helicópteros e dous avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Ademais, existe un teléfono anónimo e de balde para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Toda a información actualizada sobre incendios forestais pode consultarse na conta aberta de Twitter: @incendios085.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade