Fabril e Compostela reparten os puntos no derbi de Abegondo
Fabril e Compostela reparten os puntos no derbi de Abegondo
Non houbo goles en Abegondo, nun partido en que os dous equipos quixeron marcar, pero que acaba cun empate que non lle permite saír da zona baixa aos santiagueses, e que deron por bo os fabrilistas polo dominio visitante nos últimos minutos.
Comezou mellor o filial coruñés, cun par de boas accións que non acabaron en gol. Co paso dos minutos, o Compostela foise estirando, e pediu penalti nun par de accións na área local. Nos minutos finais da primeira metade chegaron as accións máis claras. Un remate de Diego Gómez que saíu moi picado, e outro de Pablo Antas que fuxiu por riba do traveseiro.
Nada máis iniciarse a segunda metade, Jairo tivo a mellor ocasión do partido. Unha mala cesión desde a dereita que lle caeu nos pés e que botou ao pau de Pato Guillén.
Despois, o Fabril pediu penalti nun derrubo na área que tampouco viu o colexiado.
No treito final, o Compostela botouse arriba e colgou moitos balóns á área. Unha cabezada de Manu Barreiro a saque dunha falta quedou preto do premio. Pero o empate a cero final non se moveu, e mantén aos compostelanistas con urxencias. O Fabril suma 9 puntos e mantense na zona alta.