Publicador de contidos
Publicador de contidos

Faconauto: "Se cadra nunca conseguimos volver ás matriculacións de 2019"

Faconauto: "Se cadra nunca conseguimos volver ás matriculacións de 2019"

O voceiro de Faconauto, Raúl Morales, agoira unha recuperación moi difícil

G24.gal 31/10/2022 09:27

A patronal de concesionarios Faconauto afirma que este mes subiron lixeiramente as vendas de coches, pero matizan que as cifras quedan moi por debaixo do millón de matriculacións.

O voceiro de Faconauto, Raúl Morales, agoira unha recuperación moi difícil. Dicíao no Galicia por diante.

"A situación do mercado é realmente moi preocupante. E o máis preocupante é que non vemos que o ano que vén se vaia producir unha recuperación como todos esperamos. O que estamos vendo é que o mercado se está cronificando en niveis moi baixos de matriculacións de vehículos e que nos vai custar moito traballo, ou se cadra nunca o consigamos, chegar a niveis de matriculacións de venda de coches de 2019".

Morales tamén lamentou a baixa penetración dos coches eléctricos en España, agora que a Unión Europea avanza os trámites para que os diésel, os de gasolina e os híbridos novos non se poidan vender despois de 2035.

Faconauto di que hai dúas causas: a baixa implantación de cargadores públicos e o prezo dos coches. E culpa expresamente as administracións, xa que apunta que na maioría dos casos hai que acudir a oito administracións diferentes para conseguir os permisos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade