Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fai 35 anos da gran nevarada na Coruña

Fai 35 anos da gran nevarada na Coruña

A neve callou ao nivel do mar

Aínda se poden ver estas imaxes na nosa web

G24.gal 14/01/2022 11:47

A Coruña cubriuse de neve o 14 de xaneiro de 1987, hai 35 anos. Pero xa durante a tarde do 13 de xaneiro comezaron a caer as primeiras folerpas que deixaron a cidade enteira de cor branca, incluso as praias, onde a neve callou ao nivel do mar.

Aínda se poden ver estas imaxes na nosa web, que deixan constancia da ola de frío que chegou a Galicia e inundou Europa, deixando a capital de Finlandia, Helsinki, a -32 graos. 

Na Coruña, a xente non estaba habituada a ver e poder desfrutar da neve, polo que moitos saíron á rúa a xogar con ela. E hoxe moitos coruñeses que viviron aquela xornada recordarán eses momentos con nostalxia e ledicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade