Falar mal dun xefe nun grupo de WhatsApp pode ser causa de despedimento
Falar mal dun xefe nun grupo de WhatsApp pode ser causa de despedimento
Non importa se a conversa é privada e a situación agrávase nos teléfonos de empresa, que poden ser inspeccionados sen permiso do traballador
Mofarse, falar mal dun superior ou dun compañeiro de traballo no WhatsApp ou polas redes sociais pode saír moi caro, aínda que sexa nunha conversa privada.
Hai xa varias sentenzas de tribunais superiores de xustiza que avalaron despedimentos procedentes en varios puntos de España, por este motivo.
Unha delas foi en Andalucía. O Superior avalou un despedimento discliplinario por insultos vexatorios e comentarios ferintes a unha xefa e ás súas compañeiras a través dun grupo de WhatsApp.
Outro, en Madrid. Aquí o traballador acabou tamén con despedimento disciplinario por lanzar a través do seu estado de WhatsApp mensaxes con alusións, palabras textuais, "á indixencia, ao alcoholismo ou á toxicomanía dos seus xefes e familiares".
E moito ollo sobre todo cos teléfonos de empresa, que poden ser inspeccionados sen autorización do traballador.