Cargando resultados...
Ford e Vodafone propoñen senllos eres para o 30 por cento do seu cadro de persoal
Ford e Vodafone propoñen senllos eres para o 30 por cento do seu cadro de persoal
Suporán o despedimento de 1.600 empregados na automobilística e de 1.200 na telefónica
G24.gal
12/06/2024 19:48
Última actualización 12/06/2024 19:54
Ford anuncia o despedimento de 1.600 traballadores da súa planta de Almussafes, en Valencia.
É o cuarto ere que propón a compañia nos últimos catro anos, mentras espera pola nova carga de traballo prevista para 2027 coa fabricación dun novo vehiculo.
Para daquela, a empresa comprométese a recontratar un milleiro dos traballadores despedidos.
Tamén este mércores a empresa Zegona, que acaba de mercar Vodafone, anunciou un ere para 1.200 traballadores en toda España, máis do 36 por cento de todo o cadro de persoal.
A dirección da compañía di que o fai por razóns económicas e organizativas, tras perder 400.000 clientes desde 2022.