Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece a actriz Silvia Tortosa aos 77 anos de idade

Falece a actriz Silvia Tortosa aos 77 anos de idade

Dende a Unión de Actores e Actrices destacan a súa longa traxectoria profesional

Silvia Tortosa chegando ao tanatorio La Paz para despedir a María Teresa Campos (José Ruiz / Europa Press) Silvia Tortosa chegando ao tanatorio La Paz para despedir a María Teresa Campos (José Ruiz / Europa Press)
G24.gal 23/03/2024 13:00 Última actualización 23/03/2024 14:41

Silvia Tortosa faleceu aos seus 77 anos "tras unha dura loita contra o cancro, que levou con máxima discreción", informou nun comunicado a axencia que representaba a actriz catalá.

Dende aí quixeron transmitir "o seu agradecemento e agarimo a todos os seus amigos, seres queridos, admiradores e medios de comunicación, que sempre quixeron e apoiaron a Silvia durante os seus 60 anos de profesión".

O vindeiro luns instalarase a capela ardente no Tanatorio de Lles Corts de Barcelona e será enterrada no cemiterio de Montjuic"xunto aos seus pais, tal e como ela desexaba", sinala este comunicado.

A Unión de Actores e Actrices informou este sábado do falecemento da actriz catalá a través a rede social X, onde resaltou a súa longa carreira profesional no cinema, o teatro e a televisión.

Silvia Tortosa naceu en Barcelona o 8 de marzo de 1947, e aos 14 anos matriculouse no Instituto de Teatro da Cidade Condal para estudar Arte Dramática. A súa carreira profesional comezou dende moi nova, cando se atopaba en segundo curso.

Unha vez chegou a Madrid, Silvia Tortosa alternou teatro, cinema e televisión. No último medio interveu en numerosas novelas e espazos dramáticos, ademais de traballar como presentadora no programa musical Aplauso e no magacín da televisión catalá Fot-i-mes.

Aos 20 anos casou co director de teatro e profesor seu no Instituto de Teatro Herman Bonnin, unión que durou apenas un ano e medio.

O 26 de maio de 1985 casou en Washington co enxeñeiro estadounidense Charles Davis, que faleceu aos catro meses da voda. A actriz quedou profundamente afectada e decidiu lembrar o seu esposo levando o seu apelido, co que nos carteis de elenco figuraba como Silvia Tortosa Davis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade