Falece a nena de catro anos atropelada en Mallorca por unha muller que deu positivo en drogas
Falece a nena de catro anos atropelada en Mallorca por unha muller que deu positivo en drogas
Un portavoz do hospital Son Espases de Palma confirmou este xoves a morte da nena como consecuencia das graves feridas que lle produciu o atropelo
A súa nai, de 40 anos, atópase ingresada no mesmo hospital en estado moi grave despois de ser sometida a unha intervención cirúrxica de urxencia
A nena de 4 anos atropelada o mércores en Llubí (Mallorca) cando circulaba coa súa nai nunha bicicleta, atropelada por unha condutora que deu positivo nun test de drogas, faleceu esta pasada noite.
Un portavoz do hospital Son Espases de Palma confirmou este xoves a morte da nena, que foi trasladada ao centro sanitario tras sufrir unha parada cardiorrespiratoria como consecuencia das graves feridas que lle produciu o atropelo.
A súa nai, de 40 anos, atópase ingresada no mesmo hospital en estado moi grave despois de ser sometida a unha intervención cirúrxica de urxencia por traumatismos abdominal e pelviano severos.
O atropelo rexistrouse arredor das 9:00 horas do mércores no quilómetro 3,2 da estrada Inca-Muro, no termo municipal de Llubí. Por mor das feridas sufridas, a nena entrou en parada cardiorrespiratoria da que puido recuperarse inicialmente coa intervención do primeiro equipo sanitario desprazado ata o lugar.
A Garda Civil someteu a condutora do turismo que atropelou a nai e a súa filla a probas de alcol e drogas, e deu positivo por consumo de substancias estupefacientes, polo que quedou detida.