Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece Luis Jueguen Vilas, en busca e captura dende hai 21 anos

Falece Luis Jueguen Vilas, en busca e captura dende hai 21 anos

Home de confianza de Pablo Vioque e sobrevivente do primeiro asasinato do narcotráfico galego

Foi velado no tanatorio de Vilagarcía de Arousa e o funeral celebrouse na igrexa do Carril

Luis Jueguen, nunha imaxe de arquivo á saída da Audiencia Nacional Luis Jueguen, nunha imaxe de arquivo á saída da Audiencia Nacional
G24.gal 05/06/2024 17:00

Luis Jueguen Vilas exvicepresidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía coñecido por ser o home de confianza de Pablo Vioque e sobrevivente do primeiro asasinato do narcotráfico galego, faleceu aos 79 anos. Levaba 21 anos en busca e captura.

En marzo de 1992 en Benavente (Zamora) tivo lugar o que foi considerado o primeiro tiroteo da historia do narcotráfico galego e nel estiveron implicados catro homes. Un deles, o por aquel entón tesoureiro da Cámara de Comercio de Vilagarcía e curmán de Luis Jueguen, José Manuel Vilas Martínez, perdeu a vida.

Todo iso, foi por mor dun alixo de dúas toneladas de cocaína que a organización de Pablo Vioque tentou introducir en augas galegas a bordo da embarcación Dobell no ano 1991.

Anos máis tarde, a confesión de Manuel Vázquez Vázquez, o xefe do clan dos Piturros, revelou ante o tribunal, que ía condenar a Jueguen Vilas a 15 anos de cárcere, a operación errada do Dobell.

No xuízo celebrado en 2003, ao que non se presentou Luis Jueguen, o avogado Pablo Vioque foi condenado a 18 anos de cárcere. Jueguen aproveitara a súa liberdade baixo fianza para fuxir, e desde ese momento atopábase en busca e captura.

Algúns anos, segundo apuntaron varias fontes, viviu na Arxentina, pero agora foi velado no tanatorio de Vilagarcía de Arousa e o funeral celebrouse na igrexa do Carril.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade