Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece o motorista ferido nun accidente en Cenlle hai dúas semanas

Falece o motorista ferido nun accidente en Cenlle hai dúas semanas

O home, veciño de Ourense, permanecía ingresado no CHUO desde o día do accidente

G24.gal 14/04/2023 12:28

O motorista que quedra ferido grave ao bater co seu vehículo contra un coche en Cenlle faleceu nas últimas horas. Era veciño de Ourense, tiña 67 anos, dous fillos e tres netos. Xa desde un principio se temeu pola súa vida e eses temores acabaron por se confirmar.

O sinistro producírase o día 2 deste mes, cando o condutor da moto circulaba pola travesía Barbantes Estación, no termo municipal de Cenlle, e bateu contra un coche. No turismo viaxaba un matrimonio cos tres fillos menores. Toda a familia saíu ilesa. 

Unha ambulancia medicalizada atendeu o ferido no lugar do accidente e logo trasladouno ao complexo hospitalario de Ourense (CHUO), onde finalmente faleceu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade