Cargando resultados...
Falece o vigués que foi agredido á saída do concerto de Karol G en Madrid
Falece o vigués que foi agredido á saída do concerto de Karol G en Madrid
Un home está detido acusado de homicidio imprudente
G24.gal
24/07/2024 20:39
Última actualización 24/07/2024 20:46
Faleceu o home de Vigo que foi agredido á saída do concerto de Karol G en Madrid. Xa hai un detido.
A vítima, de 42 anos, morreu nun hospital madrileño, onde ingresou con prognóstico moi grave. A agresión foi a pasada madrugada ao acabar o concerto.
Semella que a vítima facía unha videochamada coa súa parella, pero un grupo de mozas pensou que as estaba gravando. Nese momento, un home recriminoullo e golpeouno na cara. A vítima caeu ao chan e fracturou a base do cranio.
O autor da agresión, de 33 anos, está detido por un delito de homicidio imprudente.