Falece o xornalista Mario Tascón de maneira inesperada aos 60 anos
Falece o xornalista Mario Tascón de maneira inesperada aos 60 anos
Tascón está considerado como un dos pais e artífices do desenvolvemento en España dos medios de comunicación en Internet
Mario Tascón, un dos pioneiros do xornalismo dixital en España, faleceu este venres aos 60 anos de maneira inesperada en Bos Aires, onde se atopaba por motivos laborais, informou a editorial Prodigioso Volcán, da que era fundador.
"Deixounos de forma inesperada esta noite. Estamos tristes e tratando aínda de asimilar a noticia. Esperamos darlle a homenaxe que merece moi pronto. Estrañámolo moito", sinalou a editorial na súa conta de X (antes Twitter).
Mario Tascón, fundador de este Prodigioso Volcán, nos ha dejado de forma inesperada esta noche. Estamos tristes y tratando aún de asimilar la noticia. Esperamos darle el homenaje que se merece muy pronto.
— Prodigioso Volcán (@losdelvolcan) September 29, 2023
Le echamos mucho de menos. pic.twitter.com/auMnhlFwsP
Tascón foi durante oito anos director xeneral de Contidos de Prisacom e fundador da primeira redacción dixital de España: elmundo.es. Presidiu a Fundéu (Fundación do Español Urxente) e é mestre de xornalismo da Fundación Gabo.
Considerado como un dos pais e artífices do desenvolvemento en España dos medios de comunicación en Internet, era especialista en xornalismo de datos, infografía, novas narrativas, arquitectura da información e reenxeñería de procesos de departamentos de comunicación e redaccións.
Mario Tascón vivía, traballaba e investigaba nas redes sociais, a innovación, a comunicación clara, o dereito para entender e a tecnoloxía.