Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece o xornalista Xavier Navaza aos 76 anos

Falece o xornalista Xavier Navaza aos 76 anos

Foi fundador de Teima, columnista de El Correo Gallego e puxo en marcha, con Luís Mariño, o programa cultural Etcétera na TVG

G24.gal 09/09/2024 11:37 Última actualización 09/09/2024 11:41

O xornalista Xavier Navaza Blanco morreu este luns aos 76 anos. Nado en Lalín en 1948, iniciou a súa carreira en Barcelona a comezos da década dos 70.

Foi fundador e colaborador de Teima e correspondente en Galicia de El Periódico de Catalunya, Pueblo e Informaciones. Foi nomeado xefe do gabinete de prensa da Xunta de Galicia no gabinete técnico da Consellería de Presidencia en 1979 e permaneceu no posto ata 1990.

En 1991 foi nomeado subdirector de Diario de Pontevedra e puxo en marcha, con Luís Mariño, o programa cultural Etcétera na TVG (1991). Foi columnista de El Correo Gallego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade