Falece Senén Pousa, o exalcalde franquista que gobernou Beade durante medio século
Falece Senén Pousa, o exalcalde franquista que gobernou Beade durante medio século
Tras décadas á fronte do Concello, no pasado mes de maio perdeu ás eleccións ás que concorreu como cabeza de lista da Agrupación de Electores por Beade
Senén Pousa, quen foi alcalde de Beade desde 1974 ata este 2023, cando perdeu o bastón de mando nos comicios do pasado maio, faleceu este xoves aos 84 anos de idade.
Fontes municipais confirmaron o falecemento do dirixente, que foi o último alcalde que quedaba desde a etapa franquista, réxime co que simpatizaba. O retrato do ditador presidía o seu despacho na alcaldía e cada 20 de novembro encabezaba unha misa funeral na igrexa da vila.
Pousa gobernou en Beade ata o pasado maio cando concorreu aos comicios por unha candidatura independente, Agrupación de Electores por Beade, despois de décadas presentándose baixo as siglas do PP, partido actualmente á fronte do concello, onde é alcalde Fernando Taboada.
O exrexedor será enterrado ás 16:00 horas deste venres na Igrexa de Santa María de Beade.