Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un camioneiro falece tras caer monte abaixo cunha formigoneira en Manzaneda

Un camioneiro falece tras caer monte abaixo cunha formigoneira en Manzaneda

O falecido é un home de 60 anos veciño deste concello ourensán

G24.gal 30/01/2023 12:57 Última actualización 30/01/2023 22:11

Un condutor de 60 anos que circulaba cun camión formigoneira faleceu este luns tras caer monte abaixo na estrada comarcal OU-0701, á altura de San Miguel de Bidueira, en Manzaneda.

Foi un particular o que alertou os servizos de emerxencias de que a cabina estaba esmagada e o camioneiro permanecía atrapado no interior do vehículo.

Desde o 112 Galicia deron aviso ao GES de Castro Caldelas, Protección Civil, Garda Civil de Tráfico e profesionais dos servizos de emerxencias, así como os bombeiros de Valdeorras, para colaborar en canto á liberación do camioneiro.

Ata o lugar, mobilizouse o helicóptero medicalizado do 061, aínda que a persoa resultou falecida. Trátase dun home de 60 anos, veciño de Reigada, no municipio de Manzaneda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade