Falece ao envorcar o camión que conducía en Carballeda de Valdeorras
Falece ao envorcar o camión que conducía en Carballeda de Valdeorras
Malia os esforzos dos equipos de emerxencias desprazados ata o lugar, non se puido facer nada para salvarlle a vida
Un home faleceu na mañá deste xoves ao envorcar o camión de lousa que conducía en Carballeda de Valdeorras. O 112 Galicia tivo constancia do suceso arredor das 8:40 horas desta mañá, logo de recibir a chamada dunha persoa particular, que solicitaba axuda.
O alertador indicaba que o home se atopaba no interior do camión despois de envorcar cando circulaba pola OU-0802, pola estrada que une Carballeda con Casoio, en Pusmazán, e envorcou por un desprendemento na zona, segundo fontes oficiais.
Dende o 112 alertaron os profesionais sanitarios, que mesmo consideraron a posibilidade de mobilizar un helicóptero medicalizado, aínda que, finalmente, o home faleceu.
Ata o lugar acudiron tamén os Bombeiros e GES de Valdeorras e a Garda Civil de Tráfico. Unha vez no lugar, os bombeiros confirmaron a liberación do home falecido.
🔴 #AXEGAInforma dun camioneiro que perdeu a vida despois de envorcar co seu vehículo cando circulaba pola #OU0802, ao seu paso por Sobradelo, en Carballeda de Valdeorras.
— 112Galicia (@112Galicia) October 27, 2022
+ ℹ️👉 https://t.co/DHHH9YGwrh pic.twitter.com/maCEVaD4Qu