Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece unha muller de 61 anos nunha colisión entre dous coches en Xunqueira de Espadanedo

Falece unha muller de 61 anos nunha colisión entre dous coches en Xunqueira de Espadanedo

No choque frontal quedou ferido un mozo de 22 anos, que deu positivo en alcol e ao que lle abrirán dilixencias por homicidio por imprudencia

G24.gal 28/07/2023 10:02 Última actualización 28/07/2023 15:42

Unha muller de 61 anos faleceu este venres nun accidente de tráfico rexistrado na estrada OU-536 ao seu paso polo municipio ourensán de Xunqueira de Espadanedo.

O accidente rexistrouse arredor das oito desta mañá e foi unha colisión entre dous vehículos na estrada que vai entre Ourense e Trives. 

Ata o lugar do accidente desprazáronse dúas patrullas de motoristas, un equipo de atestados e o helicóptero medicalizado. Tamén foron avisados integrantes do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Maceda, Protección Civil e o servizo de mantemento de estradas.

O condutor do outro vehículo, que invadiu o carril contrario, un mozo de 22 anos, tivo que ser excarcerado e foi traslado en helicópeto ao hospital de Ourense. Deu positivo en alcol e abriránselle dilixencias por homicidio imprudente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade