Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un home esmagado polo tractor que manexaba no concello de Baleira

Morre un home esmagado polo tractor que manexaba no concello de Baleira

O vehículo agrícola envorcou, por causas sen determinar, nunha pista forestal da parroquia de Martín

G24.gal 25/05/2024 18:07 Última actualización 26/05/2024 09:56

No concello lugués de Baleira morreu un tractorista este sábado a primeira hora do serán. Faleceu esmagado polo tractor que manexaba nunha pista forestal da parroquia de Martín.

Efectivos de Protección Civil e dos bombeiros de Sarria que se trasladaron ao lugar non puideron facer nada para salvarlle a vida. 

As primeiras investigacións apuntan que, nunha manobra nunha zona de pendente, o tractor envorcou e o home quedou debaixo. Un sobriño que estaba con el quedou ferido. 

É o segundo tractorista falecido nas últimas 24 horas en Galicia. O pasado venres morreu un veciño de Gondomar tamén nun accidente cun vehículo agrícola.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade