Falece un home ao envorcar o tractor que conducía en Guitiriz
Falece un home ao envorcar o tractor que conducía en Guitiriz
A vítima quedou atrapada baixo o vehículo agrario
Falece un home ao envorcar o tractor que conducía en Guitiriz. Un familiar do falecido foi o que deu a voz de alarma. Avisou os servizos de urxencias. Segundo relatou, a vítima estaba conducindo o tractor nunha leira do lugar da Vacariza, na parroquia das Negradas. O tractor envorcou e o home quedou atrapado baixo o vehículo.
Iván López García, cabo dos bombeiros de Vilalba: "O tractor estaba totalmente colapsado na cabina, cunha rozadoira de cadea bastante grande que foi o que arrastrou o vehículo. Ao envorcar de lado, colapsou o teito e quedou atrapada a vítima".
As circunstancias do sinistro están a ser investigadas pola Garda Civil. Aínda que o vehículo tiña cabina, carecía dun arco de seguridade.
Iván López García, cabo dos bombeiros de Vilalba: "Se é unha cabina de ferro de tractor vello, coma era o caso, de pouco vale que a leven. O que é importante, con cabina ou sen ela, é que teña un arco de seguridade homologado".
O falecido, Antonio Barral, era unha persoa moi coñecida e apreciada na zona. O suceso, por tanto, causou unha gran conmoción entre a veciñanza.