Rescatan un ancián que envorcara co seu tractor en Guitiriz
Rescatan un ancián que envorcara co seu tractor en Guitiriz
Foi trasladado en helicóptero ata o HULA pero xa está fóra de perigo
Caeu por un noiro de algo máis dun metro
Un tractor envorcou nun bulleiro de Guitiriz. Crese que entre as fochancas, o terreo en costa e a carga que levaba no pincho dianteiro fixeron que o home, de 75 anos, perdera o control do vehículo agrícola. Caeu de lado e salvou a vida grazas aos sistemas de protección do tractor e aos materiais cos que está feito. Foi a familia do septuaxenario a que deu aviso ao 112 ao comprobar que non volvía para casa e saír a buscalo na pista, na que quedou derramada a herba que transportaba.
"Os compañeiros ían preparados por se había que liberar o condutor. Non foi así e axudamos a trasladalo", Alberto Fernández, bombeiros de Vilalba.
O home foi trasladado en helicóptero ata o Hospital Lucus Augusti, onde permanece na UVI mentres se comproba que non sufrira lesións internas nin cerebrais. En todo momento mantivo a consciencia e mesmo berrou pedindo axuda. Malia que tivo moita sorte, xa que estes accidentes adoitan ser mortais, mancouse nunha cadeira.
"Levamos sempre equipos lixeiros e autónomos para poder acceder aos lugares máis difíciles".
Ademais de familiares e bombeiros, nos labores de rescate tamén participou o GES de Guitiriz.