Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un septuaxenario en Lugo tras envorcar co seu tractor

Morre un septuaxenario en Lugo tras envorcar co seu tractor

O vehículo agrícola envorcou nun noiro e a vítima quedou esmagada

O home xa falecera cando chegaron os servizos de emerxencia

Tractor accidentado
G24.gal 21/06/2024 14:41 Última actualización 21/06/2024 19:59

Un veciño de Lugo morreu nun accidente co seu tractor cando estaba a realizar labores agríolas nun terreo situado no Camiño da Costa, no barrio de San Fiz.

Por causas que se descoñecen, o vehículo envorcou ao precipitarse por un noiro, e o condutor, de 74 anos, faleceu esmagado. Foron os seus propios familiares os que atoparon o seu corpo sen vida, que liberaron coa axuda dos residentes na zona.

Tras alertaren o 112, tamén acudiron os servizos de emerxencia e a policía, que custudiou o cadáver ata que foi levantado. O suceso causou unha fonda conmoción neste barrio lugués, onde toda a veciñanza coñecía a vítima.

A policía investiga agora as causas deste sinistro cun tractor que non tiña cabina nin arco de protección.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade