Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un home de 51 anos tras bater o seu coche contra un poste eléctrico en Verín

Falece un home de 51 anos tras bater o seu coche contra un poste eléctrico en Verín

Polo de agora descoñécense as causas do accidente

G24.gal 13/03/2024 08:37 Última actualización 13/03/2024 14:10

Un médico de 51 anos e veciño de Madrid faleceu este martes nun acidente de tráfico. O coche que conducía saíra dunha curva da Nacional 532, bateu contra un sumidoiro, partiu en anacos un farol e percorreu varios metros ata rematar espetado contra o peche dunha casa arrincando a cancela.

Ata o lugar trasladáronse os Bombeiros de Verín, a Garda Civil de Tráfico e Urxencias Sanitarias, que nada puideron facer por salvarlle a vida.

O home non levaba posto o cinto de seguridade e saíu despedido, morrendo no acto. Nese punto quilométrico 6.6 en Mourazos xa houbo máis accidentes, tamén mortais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade