Falece un home de 71 anos nun accidente de tráfico nas Pontes
Falece un home de 71 anos nun accidente de tráfico nas Pontes
Outras dúas persoas, un home de 74 anos e unha muller de 64, foron trasladadas ao hospital Arquitecto Marcide
Un home de 71 anos faleceu por mor dun accidente de tráfico rexistrado a pasada madrugada nas Pontes (A Coruña), segundo informou Urxencias Sanitarias.
O 061 indica que a alerta se recibiu ás 00:24 horas e ao lugar desprazaron tres ambulancias asistenciais e persoal do PAC.
Outras dúas persoas, un home de 74 anos e unha muller de 64, foron trasladadas ao Hospital Arquitecto Marcide.
Segundo informou o 112 Galicia, o accidente, un choque entre dous vehículos, tivo lugar ás 00:24 horas na A-66 á altura do quilómetro 9, na parroquia de San Xoán do Freixo.
Foi un particular quen alertou dos feitos, asegurando que, desde un primeiro momento, os condutores de ambos os turismos non podían saír dos seus respectivos vehículos, un deles, un home de 71 anos, finalmente, tal e como informou Emerxencias 061, faleceu.
Ata o lugar desprazáronse os bombeiros do Eume, os servizos sanitarios, a Policía Local das Pontes, Protección Civil e os servizos de mantemento das estradas. Tamén se informou do accidente á Garda Civil.