Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un home en San Cibrao das Viñas supostamente atropelado por un camión

Morre un home en San Cibrao das Viñas supostamente atropelado por un camión

A vítima foi atopada por outras persoas tendida na estrada, e contoulles que fora atropelado por un vehículo pesado

Cando chegou a atención médica, o home faleceu

G24.gal 12/07/2024 13:38 Última actualización 12/07/2024 20:44

Un home faleceu este venres en San Cibrao das Viñas atropelado na estrada OU-525. Trátase dun veciño de Maceda, de 56 anos.

Ocorreu no quilómetro 233, onde pouco antes do mediodía un particular atopou o home tendido no asfalto, polo que contactou de inmediato co 112 Galicia solicitando asistencia sanitaria urxente.

Segundo explicou durante a súa chamada, puido falar coa vítima, que aínda estaba con vida e que lle sinalou que acababa de atropelalo un camión. Naquel momento non había ningún vehículo no punto.

Unha vez desprazados ao lugar os servizos de emerxencia, a pesar dos esforzos dos sanitarios, só puideron confirmar o seu falecemento.

A Garda Civil investiga o suceso e trata de dar co vehículo que bateu contra o peón para aclarar se foi un accidente e o condutor non se deu conta do ocorrido, ou se se fugou do lugar tras o impacto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade