Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferida grave unha condutora tras colidir contra un camión en San Cibrao das Viñas

Ferida grave unha condutora tras colidir contra un camión en San Cibrao das Viñas

O accidente rexistrouse sobre as 10:40 horas na N-52, cando o turismo invadiu o carril contrario e acabou chocando contra o camión

G24.gal 26/08/2024 12:05

Unha condutora quedou ferida grave tras chocar co seu coche contra un camión en San Cibrao das Viñas, segundo informa a Garda Civil.

En concreto, o accidente rexistrouse sobre as 10:40 horas no quilómetro 233-200 da N-525, cando o turismo invadiu o carril contrario e acabou chocando contra o camión. 

A condutora do turismo quedou ferida grave e foi traslada ao complexo hospitalario universitario de Ourense (CHUO). O condutor do camión saíu ileso e deu negativo na proba de alcol. Tamén se lle fixo a de drogas, pendente de resultado.

Debido ao accidente, procedeuse a cortar o tráfico na N-525 en ambos os sentidos con desvíos establecidos polo enlace á A-52, precisa a Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade