Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un octoxenario en Agolada esmagado polo tractor que manexaba

Morre un octoxenario en Agolada esmagado polo tractor que manexaba

O accidente sucedeu nunha leira na parroquia de Ventosa

O vehículo era un modelo antigo sen cabina nin ponte de seguridade

Tractor accidentado en Ventosa/ Bombeiros do Deza Tractor accidentado en Ventosa/ Bombeiros do Deza
G24.gal 01/05/2022 10:17 Última actualización 12:00 01/05/2022

Un home de 86 anos faleceu en Agolada esta noite tras envorcar nunha leira o tractor que manexaba. O 112 Galicia recibiu o aviso do suceso contra as 23:30 da noite do sábado por unha chamada de alerta dun particular que atopou o vehículo envorcado.

Indicou que estaba na parroquia de Ventosa, na estrada Agolada-Rodeiro (PO-212), por onde se desvía cara ao río.

O tractor envorcou no xiro nunha pista, cando o home regresaba á casa. O accidente sucedeu á altura de Ventosa, nas proximidades do lugar de Río, cando o vehículo saíu da vía e invadiu unha leira, que está a un desnivel de máis dun metro por baixo da rasante da estrada.

Ata o lugar desprazáronse bombeiros do Deza, membros do GES de Lalín, ademais de profesionais de Urxencias Sanitarias do 061, que non puideron facer nada por salvarlle a vida ao home.

Os equipos dos bombeiros e do Grupo de Emerxencias Supramunicipal actuaron para rescatar o corpo do falecido atrapado baixo o tractor.

O vehículo é dun modelo moi antigo, sen cabina nin arco de seguridade.

Voluntarios de Protección Civil canda axentes da Policía Local e da Garda Civil da localidade colaboraron no operativo e fixéronse cargo das investigacións do accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade